RINCÓN NATURAL Ó NORTE DE GALICIA

Unha sociedade que decide organizarse sen unha ética mínima, altruísta e respetuosa coa natureza, está trazando o camiño da súa propia autodestrucción.

Leonardo Boff

domingo, 11 de dezembro de 2011

Os notodóntidos

De novo a voltas coas avelaiñas, desta vez tócalle a familia dos Notodóntidos, unha familia que conta con máis de 2500 especies en todo o mundo, a maioría delas espalladas polas zonas tropicais. Son couzas de tamaño medio-grande e xeralmente de corpos pesados e peludos.
Así como en outras familias as eirugas comparten unhas características físicas, nesta, a diversidade de formas é tremenda, pasando de eirugas lampiñas a peludas e de exemplares con colas como látigos a outros con patas como arañas.
Dende logo esta é unha familia moi interesante, non só polas súas eirugas, en ocasións de formas imposibles, senón tamén polas curiosas avelaiñas que recorren á cripsis para pasar desapercibidas.
Os notodóntidos están espallados en distintas subfamilias, no Barqueiro teño atopada representación das seguintes:

Subfamilia Ptilodoninae

Pterostoma palpina (Clerck 1759)
(42 mm) O imago destaca pola súa forma en repouso que semella unha folla seca. Ten dúas xeraciós ó ano entre abril e agosto. As sús eirugas aliméntanse de follas de chopos, ameneiros, robles e salgueiros. Pasa o inverno como crisálida.
Premendo acó para ver a eiruga








Subfamilia Phalerinae

Phalera bucephala (Linnaeus 1758)
(60 mm) Esta avelaiña aparece entre maio e xulio e destaca pola súa forma e cor, semella unha ramiña. Ten unha soa xeración ó ano. As eirugas devoran follas de abeleiras, carballos, salgueiros, etc. Hibernan como crisálidas no chan.
Premer acó para ver a couza.


















Subfamilia Notodontinae
Pheosia tremula (Clerck 1759)
(40 mm) As súas cores son axeitadas para pasar despercibida na follarasca das fragas nas que soe vivir. Aparece en dúas xeracións ó ano, unha entre abril e xuño e outra entre xulio e agosto. As eirugas aliméntanse de chopos, salgueiros e bidueiros. Pasan o inverno como crisálidas.
Premer aco para ver a eiruga


















Notodonta dromedarius (Linnaeus 1767)
(35-40 mm) Vive en zonas de caducifolias e a súa coloración é moi variable, non sendo raros os casos de melanismos. Aparecen dúas xeraciós entre maio e agosto. A eiruga aliméntase de bidueiras, salgueiros, aveleiros, etc. Hiberna como crisálida
Premer acó pera ver a súa curiosa eiruga.



















Notodonta ziczac (Linnaeus 1758)
(40-45mm) A súa bioloxía é similar a especie anterior.
Premer para outra curiosa eiruga.




Subfamilia Stauropinae

Cerura erminea (Esper 1783)
(30-38 mm ) Esta couza tan peluda voa nunha soa xeración entre abril e xunio, non sendo unha especie moi abondosa. A súa eiruga aliméntase de chopos, bidueiros e salgueiros, esta, ó ser molestada esconde a cabeza e levanta o extremo anal do cal salen dous "látigos" vermellos, tamén pode "escupir" ácido fórnico.
Premer para ver a eiruga


















































































Furcula bifida (Brahm, 1787)
(30-42 mm) Esta fermosa avelaíña, voa en dúas xeracións ó ano entre maio e agosto. A eiruga aliméntase de chopos, bidueiros, ameneiros etc, pasa o inverno en forma de pupa na cortiza das árbores nutricias.
Premer acó para ver a eiruga.






















Stauropus fagi (Linnaeus 1758)
(45-60mm) Esta é a miña preferida dentro desta familia, ademáis tiven a sorte de poder ver a eiruga e a couza en varias ocasións. Voa en dúas xeracións ó ano entre abril e xulio, é unha avelaíña con unha forma curiosa cando está en repouso, forma esta que lle axuda a pasar desapercibida polo día cando está pousada nos troncos, pode ter distintos tonos entre o verde oliva e o marrón.


























Destaca de forma excepcional nesta especie a súa eiruga, esta ten unhas patas especialmente longas, cando é molestada arquea o corpo adoptando a forma dunha gran araña, para así espantar un posible predador. Dende logo unha adaptación impresionante a desta eiruga. Ten como alimento preferido as follas de faia aínda que tamén se alimenta da follaxe de carballos, castiñeiros, tilos e incluso pereiras bravas. Hiberna como crisálida.
Baixo estas liñas deixo as fotos da eiruga e das distintas posturas que soe adoptar.




Se nos fixamos un pouco na dieta e nas costumes das eirugas desta familia, adiviñaremos facilmente cal é a principal ameaza que teñen no actual monte galego...


Sen moito máis que engadir despídome polo momento, un saúdo e moitas gracias por me ler.

2 comentários:

  1. Toñito..que coleción máis envidiable de notodóntidos...gustáronme especialmente as fotos do verme da Stauropus fagi...a ver se em animo, e se dou amañado os problemas que me xurdiron con un dos discos duros externos, e subo eu tamén algunhas foticas de bichería... que ando un pouco cansado de paxaradas.
    Os meus parabens, meu.
    UNha aperta.

    ResponderEliminar
  2. Graciñas Rafael, pois nada, anímate a poñer unhos bichos, Espero que se solucione iso do disco duro, eu témolle.
    As eirugas de Stauropus apareceron polo Sor, foi toda unha sorpresa despois de tanto miralas na guía... un saúdo Rafa

    ResponderEliminar