RINCÓN NATURAL Ó NORTE DE GALICIA

Unha sociedade que decide organizarse sen unha ética mínima, altruísta e respetuosa coa natureza, está trazando o camiño da súa propia autodestrucción.

Leonardo Boff

sábado, 26 de fevereiro de 2011

UN PAR DE FORÁNEAS

Especies invasoras... dende logo, un tema dificil de atallar e que crea debates tan longos, como longa é lista de especies animais e vexetais introducidas na nosa terra.

Unhas de forma accidental, outras voluntaria, con fins cinexéticos ou de pesca, forestais, ornamentais.... e que encontran na nosa terra, un bo lugar donde medrar libremente, lonxe de depredadores naturais, competidores ou calquer outro factor que as tería controladas no seu lugar de orixe.

En resumidas contas, un problema crecente que lonxe de amainar, aumenta cada día, e que as administracións intentan paliar tímidamente con programas de erradicación cando menos insuficientes e mal xestionados.


Na nosa comarca padecemos este mal, nas rias, nos montes, ríos, prados e nos mares que bañan a nosa bisbarra.

Nesta, e posteriores entradas, tentarei presentar aquelas especies que están a poñer en perigo as nosas autóctonas e os ecosistemas máis representativos da nosa terra.


Unha destas prantas é o Petasites fragans, chamada sombreiro polos portuxeses. Ainda que por moitos non está considerada como invasora nin pranta potencialmente perigosa, (certo é que non se pode comparar a especies como Carpobrotus, Eucaliptos ou acacias) pero sí chega a ser localmente abundante, aparecendo naturalizada en zonas de chans frescos, como o dique do Barqueiro, a ponte vella ou algunhas cunetas de San Fiz ou Mogor.


É unha pranta de orixe mediterráneo, que chegou as nosas terras coma especie xardineira dende antigo (o seu primeiro rexistro en Galicia parece que foi polo ano 1912)

Gusta de solos frescos, polo que aproveita cunetas é outros lugares húmidos para se espallar, é perenne e rizomatosa, con porte rastreiro e tapizante.


Estas en concreto están arredor dunha casa derrubada e agora cuberta pola maleza, a carón da ponte vella do Barqueiro.




Senecio mikanioides. Esta gabeadora ó parecer foi citada en Galicia por primeira vez arredor do ano 1945. Introdúxose como pranta ornamental, procedente de África do Sur.

Ten un comportamento moi agresivo, conseguindo competir e cubrir por completo toda clase de prantas e arbustos, chegando a cubrir incluso grandes silveirais. Presenta un grave problema ecolóxico aló donde aparece, afogando as prantas autóctonas .


Estas fotos son da praia da Arnela, donde a planta conseguiu cubrir toda a superficie dende a mesma orilla ata as leiras abandoadas, situadas moitos metros por riba da praia. Chegou a traspasar carreteras e camiños, seguramente ó seren cortadas e tiradas, posto que teñen gran facilidade para enrraízar.

Por desgraza é unha pranta abundante no litoral cantábrico e está incluída no atlas de especies invasoras de España.


Sen moito máis que decir de momento, despídome.
Moitas gracias por me ler, e saúdos.

Sem comentários:

Enviar um comentário