RINCÓN NATURAL Ó NORTE DE GALICIA

Unha sociedade que decide organizarse sen unha ética mínima, altruísta e respetuosa coa natureza, está trazando o camiño da súa propia autodestrucción.

Leonardo Boff

terça-feira, 25 de junho de 2013

Notas de Maio do 2013 na comarca do Ortegal

1-05-2013 Ría de Ortigueira: 540 ex. de mazarico rubio(Limosa lappona) por Ladrido(Antonio Martínez)
2-05-2013 Ría de Ortigueira: destacar unhas 2000 limícolas grandes (mazaricos chiadores e mazaricos rubios) unhos 200 pilros gordos (Calidris canutus) 1000 pilros comúns(Calidris alpina) 5 carraos pequenos (Sternula albifrons) e 3 carraos comúns (Sterna hirundo) Ricado Hevia.

5-05-2013 Grañas do Sor: 1 ex. de pedreiro cincento (Antonio Martínez)
5-05-2013 Cariño:1 ex. de gralla pequena (Corvus monedula) por Cariño (J.Miguel Alonso)

6-05-2013 O Barqueiro: primeiros 6 cirrios comúns (Apus apus) na colonia de Mogor.

7-05-2013 Porto de Cariño: 1 exemplar de carrao rosado (Sterna dougallii)e 1 e un exemplar de cegoña negra(Ciconia nigra) Pablo Gutiérrez, Damián Romai, David Calleja, Berto Monteagudo e Ricardo Hevia.
Fotorafia de Pablo Gutiérrez para ver máis entrar en
http://travellingbirds.blogspot.com.es/2013/05/charran-rosado-en-carino-making-off.html
Fotorafia de Pablo Gutiérrez  para ver máis entrar en
http://travellingbirds.blogspot.com.es/2013/05/charran-rosado-en-carino-making-off.html

Foto de Ricardo Hevia. 
8-05-2013 porto de Cariño: continúa 1 exemplar de carrao rosado (Sterna dougallii) Ricardo Hevia e Antonio Martínez.
9-05-2013 Porto de Cariño: continúa 1 exemplar de carrao rosado (Sterna dougallii) Ricardo Hevia, Graciela e Manolo

9-5-2013 Barqueiro: primeira rula do país (Streptopelia turtur) alimentándose nun terreo de Mogor. Antonio Martínez.
10-05-013 Ría de Ortigueira: continúa 1 exemplar de carrao rosado (Sterna dougallii) pescando frente a cabalar. (Ricardo Hevia)
11-05-2013 O Barqueiro:primeiras Folosas Amarelas (Hippolais polyglotta) pola zona (Bares-Esteiro). Na praia de Esteiro tamén 1 exemplar macho de Picanzo vermello (Lanius collurio) e na Estaca de Bares unha lavandeira amarela(Motacilla flava) carretando material para o niño.(Antonio Martínez.)
12-05-2013 Grañas do Sor: 1 ex. de pedreiro cincento.(Antonio Martínez)
12-05-2013 Praia de Esteiro: continúa o macho de picanzo vermello.

13-5-2013 Ponte Segade: unha parexa de lavandeiras reais (Motacilla cinerea) carretando ceba para o niño. 
13-05-2013 Praia de Esteiro:continúa o Picanzo vermello. Tamén polo xuncal 1 falcón peregrino (Falco peregrinus) e un falcón pequeno(Falco subbuteo) Antonio Martínez.
15-05-2013 Praia de Esteiro: unha femia de picanzo vermello, agora temos unha parella pola zona (donde non criou o ano pasado) Antonio Martínez.
17-05-2013 Cabo Ortegal: un mascato adulto pousado nos aguillós. (Ricardo Hevia)

19-05-2013 Serra da Capelada:2 pedreiros cincentos.(Ricardo Hevia)

20-05-2013 Serra da Capelada: 1 pedreiro cincento. (Ricardo Hevia)

21-05-2013 Serra da Capelada: 5 ex de pedreiro cincento (Ricardo Hevia)

21-05-2013 Praia de Esteiro: cópula dos picanzos vermellos. (Antonio Martínez)

23-05-2013 Barqueiro: primera avenoiteira(Caprimulgus europaeus) por unha carretera de San Fiz. (Antonio Martínez)

25-05-2013 serra da Capelada:dous voitres negros(Aegypius monachus) misturados nun grupo de 60 (54+6) leonados. Tamén 1 ex. de pedreiro cincento.(Ricardo Hevia)
Foto de Ricardo Hevia
30-05-2013 Cabo Ortegal: dous machos cantores de picafollas común (P.collybita) Ricardo Hevia.

Sem comentários:

Enviar um comentário