RINCÓN NATURAL Ó NORTE DE GALICIA

Unha sociedade que decide organizarse sen unha ética mínima, altruísta e respetuosa coa natureza, está trazando o camiño da súa propia autodestrucción.

Leonardo Boff

terça-feira, 1 de novembro de 2011

PAXARADA MIÚDA

Parece que coa chegada destas augas anda a paxarada miúda inquieta, comendo por aco e acolá. Úns chegan, outros marchan e algúns simplemente pasan acó todo o ano, en fin, todo un ir e vir de especies que no seu voar non coñecen de fronteiras, polo que a observación de aves sempre ten o aliciente de poder toparse con algunha especie excepcional por estas latitudes. Isto non quer decir que a observación dos nosos paxaros máis comúns non sexa igualmente divertida, e non en poucas ocasións se converten en protagonistas das nosas xornadas de campo.
Baixo estas lineas poño unhas fotografías de algúns dos passeriformes máis comúns destas terras, non sendo moi dificil observalos na época axeitada para cada especie.

Premendo no nome científico de cada un, achego as fichas da SEO/Birdlife onde se poden ler as características de cada especie, os seus cantos e algún video. 

Familia: Fringuillidae.


Pinpin común. (Fringilla coelebs)


























Verderolo común. (Carduelis chloris)

 Xílgaro ou xilgueiro. (Carduelis carduelis)


Familia:Turdidae.






Chasca común. (Saxicola torquatus)







Familia: Sylviidae .

Estreliña riscada. (Regulus ignicapilla)




Familia: Paridae.


Ferreiriño negro(Parus ater)

Ferreiriño real. (Parus major)


Ferreiriño cristado. (Lophophanes cristatus)





Carriza dos xuncos. (Cisticola juncidis).



























Papuxa montesa. (Sylvia undata)




Familia:Certhiidae.

Gabeador común. (Certhia brachydactyla)









 
Familia: Emberizidae.


Escribenta común. (Emberiza cirlus).

Escribenta riscada. (Emberiza cia)


Familia: Motacillidae.

Lavandeira amarela. (Motacilla flava)



Familia: Muscicapidae

Papamoscas negro. (Ficedula hypoleuca)


























Papamoscas cincento. (Muscicapa striata)



Sen moito máis que engadir despídome polo momento, un saúdo e moitas gracias por me ler.

3 comentários:

  1. Boas Toñito,
    Cheguei a túa páxina e quería decirche que é unha preciosidade. Noraboa! Recomendareina e seguireite por estas redes... Un saúdo,
    Alicia

    ResponderEliminar
  2. Pois moitas gracias Alicia alégrome moito de que che guste, e moi agradecido tamén de que comentes, unha aperta.

    ResponderEliminar
  3. hola, encantoume as fotos dos paxaros, así se coñecen un pouco máis . Noraboa!! e grazas.

    ResponderEliminar