RINCÓN NATURAL Ó NORTE DE GALICIA

Unha sociedade que decide organizarse sen unha ética mínima, altruísta e respetuosa coa natureza, está trazando o camiño da súa propia autodestrucción.

Leonardo Boff

terça-feira, 25 de outubro de 2011

AGUIA PESCADORA NA RÍA DO BARQUEIRO.

Esta é unha entrada un pouco inesperada, pero con unha moi boa noticia, esta tarde paseando polo muelle de San Fiz  na Ría do Barqueiro, unha agradable sorpresa, unha fermosísima aguia pescadora(Pandion haliaetus). Canseime de dar voltas para intentarlle facer unha foto con xeito, e non fun quen, finalmente desistín e aínda chovendo a chuzos decidín sentarme e disfrutar do seu traballar, durante o cal foi quen de atrapar polo menos tres peixes.
Espero que fique unha tempadiña, para podela disfrutar, e se cadra poderlle quitar algunha foto xeitosa, polo momento, deixo por acó estas pobres fotiñas que non fan nin con moito xustiza a beleza desta rapaz.








4 comentários:

  1. Pois ben vale unha entrada, si señor... e as fotos tampouco son tan faxeiras, pillala voando nunca é fácil...o que debeu dar gosto foi desfrutar dos seus indovindos...que dure¡
    Saúdos

    ResponderEliminar
  2. A verdade é que me fixo moita ilusión vela por acó, non é a do Barqueiro a máis paxarereira, polo que temos que disfrutar cando se presenta a ocasión. De momento segue por acó traballando nos munxes, jeje, un saúdo Rafael.
    (Toñito)

    ResponderEliminar
  3. Hola Toñito. Pois eu tamén opino que as fotos non son tan malas. É unha sorte poder disfrutar dos lances deste animal, ¿a que sí?. A invernante da Ría de Ribadeo xa está tamén por alí. O martes saqueille algunhas fotos que publicarei en breve no meu blog, pero ó lado das túas, ainda me da non sei qué colgalas...
    Saudos.

    ResponderEliminar